laurrywhite
Vegana en Compostela. Seguramente me atopedes no Entre Pedras. Colaboro con Asociación Abeiro. Se vas ser algo nesta vida, sé amable.
Moi bo sabor e textura. Por pórlle unha pega, demasiado plástico (veñen envasadas individualmente)
Gustoume máis que o de amorodo, é coma que empalaga algo menos.
Moi ricas, anque teñen azucre por un tubo. A textura é moi lograda. Merqueinas na tenda das Herbas
Qué guarrada marabillosa. Nutricionalmente un horror. Duroume dous días.
Super compacta. Ideal para levar no bolso se sabes que non vas ter opcións veganas preto.
Fantástico. Resúltame moi suave comparado con outros da marca, así que úsoo para darlle un regusto ó seitán.
QUÉ VICIO. Levo toda a semana comendo cousas con salsa sabor roquefort. Viva Murcia.
Non está mala, pero agora tódolos produtos veñen en envase de plástico, e ademáis preferiría unha produción máis local.
Sabor similar á levadura nutricional anque menos intenso. Fai tempo que non a vexo no super.
Superdoce, xenial para receitas de repostería (para infusións nunca probei)